O Xulgado de Arzúa recibe o atestado do ataque dos cans a unha octaxenaria

O Xulgado de Arzúa recibe o atestado do ataque dos cans a unha octaxenaria
O Xulgado de Arzúa recibe o atestado do ataque dos cans a unha octaxenaria

A xuíza do caso acordou que se lle remita información sobre os animais

O xulgado de Arzúa (A Coruña) recibiu esta mañá o atestado do ataque de dous cans a unha octoxenaria onte en Melide, informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A xuíza do caso acordou que se lle remita información sobre os animais, de raza American Stanford, que permanecen na canceira municipal ao dispor da titular do xulgado, engade a Garda Civil.

Unha vez teña toda a documentación necesaria, entre outra a cartilla de vacinación, a xuíza chamará a declarar ao dono dos animais e á persoa que estaba ao seu cargo.

Así mesmo, deberá comparecer tamén a vítima, de 89 anos, en canto sexa posible dadas as feridas de diversa consideración que sufriu e polas que está a ser tratada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Comentarios