Ferido un operario ao caer dende un camión na rúa Santiago, en Padrón

Ferido un operario ao caer dende un camión na rúa Santiago, en Padrón
Ferido un operario ao caer dende un camión na rúa Santiago, en Padrón

Os feitos ocorreron ás 16:15 horas da tarde de hoxe

Ás 16:15 horas, un operario resultou ferido e tivo que ser evacuado en ambulancia ao caer dende un camión na Rúa Santiago, no concello coruñés de Padrón.

O 112 Galicia foi informado do suceso ao recibir a chamada dos servizos sanitarios, que solicitaban axuda para o traslado do traballador precipitado.

Nada máis ter constancia do accidente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso ao GES da localidade, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Comentarios