Suben as temperaturas en Compostela durante este martes

Suben as temperaturas en Compostela durante este martes
Suben as temperaturas en Compostela durante este martes

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 28ºC

O anticiclón localizarase durante esta xornada ao norte da península Ibérica, atraendo aire cálido en superficie. 

Deste xeito agardamos un día de ceo en xeral pouco anubrado ou despexado.

As temperaturas máximas estarán en ascenso, sendo a subida moi acusada nos valores máximos durante a tarde, polo que a sensación será de calor na metade sur. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 28ºC.

Os ventos soprarán do nordés, frouxos no sur, pero moderados no norte, con intervalos fortes no litoral de A Coruña.

Comentarios