Oroso segue a renovar a súa rede de alumeado público con tecnoloxía LED

Oroso segue a renovar a súa rede de alumeado público con tecnoloxía LED
Oroso segue a renovar a súa rede de alumeado público con tecnoloxía LED

A semana pasada, púxose en marcha novo alumeado no tramo entre Porto Avieira e Falmega

O Concello de Oroso deu un novo impulso á renovación da súa rede de alumeado público no conxunto do municipio con tecnoloxía LED.

A semana pasada, púxose en marcha novo alumeado no tramo que une a urbanización Porto Avieira e Falmega (fotografías adxuntas), dentro dun proxecto integral que se prolongará durante varios meses no casco urbano e nas parroquias.

“É un proxecto por fases para substituír toda a rede de alumeado público no concello, mellorando desta forma a visibilidade, a seguridade e os servizos para todos os veciños e veciñas”, afirma o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Ademais, co uso da tecnoloxía LED neste proxecto de renovación do alumeado municipal, o Concello de Oroso cumpre coas normativas europeas de eficiencia enerxética e respecto ao medio ambiente.

“Coas luminarias LED, melloramos a visibilidade e a calidade de servizo, reducindo a contaminación nocturna e a factura eléctrica, ademais de cumprir as recomendacións de todos os organismos internacionales”, engade Mirás.

Durante as próximas semanas, continuarán os traballos por fases para renovar o conxunto da rede pública de alumeado en Oroso.

Comentarios