Baixan lixeiramente as temperaturas na cidade

Baixan lixeiramente as temperaturas na cidade
Baixan lixeiramente as temperaturas na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 23ºC

As altas presións retiraranse cara ao oeste, polo que teremos a entrada de aire algo máis frío que na xornada anterior e o achegamento dunha fronte moi pouco activa cara ao final da xornada.

Deste xeito teremos un día de ceo pouco anubrado ou despexado no sur, con intervalos de nubes na metade norte. 

As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 23ºC.

Os ventos seguirán a soprar do nordés, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico durante a tarde.

Comentarios
Lo más