Todo listo para a IX Feira de Oportunidades

Todo listo para a IX Feira de Oportunidades
Todo listo para a IX Feira de Oportunidades

Dende hoxe xoves e ata o sábado os comerciantes de Ordes ofrecerán os mellores prezos en moda, calzado e  decoración



O Concello de Ordes xa ten todo listo para que hoxe xoves, 5 de setembro, arranque a  novena feira de oportunidades. Ata o sábado no primeiro andar da Praza de Abastos poderanse atopar as mellores gangas ofrecidas polos comerciantes de Ordes a todo tipo de público. O  horario irá de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas 

Nesta nova edición participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Peteiro (decoración) e Juan Carlos Varela (moda infantil).

Tamén se habilitará un recuncho infantil para as persoas que visiten a feira. O xoves e venres o horario deste servizo irá de 18 a 20 horas. O sábado será de 10.30 a 12.30 horas e novamente de 18 a 20 horas.  



Comentarios
Lo más