Volven as altas presións á cidade

Volven as altas presións á cidade
Volven as altas presións á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 23ºC

As altas presións irán recuperando posicións nesta xornada, pero aínda notaremos a presenza de aire frío pola fronte do día anterior.

Deste xeito durante a mañá teremos o ceo moi anubrado na metade norte, máis aberto xa no sur, pero pola tarde estará moi despexado en xeral. 

As temperaturas estarán en descenso e a sensación térmica será máis baixa do que marque o termómetro, xa que os ventos do nordés seguirán a soprar con intensidade moderada, acadándose intervalos fortes no litoral atlántico.

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 23ºC.

Comentarios