Padrón avanza para chegar a grandes acordos cos traballadores do Concello

Padrón avanza para chegar a grandes acordos cos traballadores do Concello
Padrón avanza para chegar a grandes acordos cos traballadores do Concello

O proceso de negociación da RTP comezará na primeira quincena de outubro e o Goberno Local denunciará o convenio colectivo para actualizado e correxilo debido a "aspectos discriminatorios e xurídicamente confusos"

O Goberno Local de Padrón mantivo no día de onte unha xuntanza cos representantes dos traballadores do Comité de Empresa para convocar unha mesa de negociación, que comezará na primeira quincena de outubro, para presentar propostas na Relación de Postos de Traballo (RTP) e avanazar na súa aprobación "o antes posible".

O alcalde Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Persoa, Ángel Rodríguez Conde, quixeron deixar claro "a vontado deste Goberno para regularizar as anomalías herdadas, aportando maior seguridade xurídica aos traballadores, recoñecendo os seus dereitos e establecendo as súas obrigas".

Ademáis, os Goberno padronés quere "clarificar e aportar seguridade xurídica" en relación aos trienios dos traballadores municipais debido a diferentes sentenzas "con disparidade de criterios, que xeran evidentes desigualdades".

DENUNCIA DO CONVENIO COLECTIVO

Antonio Fernández e Ángel Rodríguez anunciaron aos representantes dos traballadores que denunciarán o actual convenio colectivo do Concello de Padrón, vixente desde o 2009, e abrir un proceso de negociación para actualizalo e corrixir "aspectos discriminarios e xuridicamente confusos".

O concelleiro de Persoal asegura que o actual convenio é "manifestamente discriminatorio segundo a calificación dos traballadores" e "notablemente confuso respecto aos premios de xubilación e ás incapacidades en función da categoría laboral do traballador ou traballadora en cuestión", asegura Rodríguez Conde.

Trala denuncia do convenio, este seguirá vixente durante un ano máis, tal como está recollida na normativa, e nese tempo comezará o proceso de negociación para a revisión a actualización.

BAIXAS DE INCAPACIDADE

Por último, Ángel Rodríguez anunciou que a partir do 1 de outubro as baixas de incapacidde temporal serán asuminas na súa totalidade polos orzamentos municipais, "unha mostra da boa vontade do goberno local para mellorar a situación dos trablladores municipais".

Comentarios
Lo más