Arde por completo unha vivenda en Sarria sen ocasionar danos persoais

Arde por completo unha vivenda en Sarria sen ocasionar danos persoais
Arde por completo unha vivenda en Sarria sen ocasionar danos persoais

O 112 Galicia tivo constancia do lume a través dunha persoa particular

Un incendio declarado a pasada noite devorou por completo unha casa consistorial de Sarria sen que se rexistrasen danos persoais. O lume orixinouse no interior do edificio do concello preto das 00:30 horas e os servizos de emerxencia concluíron as labores de extinción e retirada de cascallos preto das 9:30 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do lume a través dunha persoa particular e, a partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil, da Policía Local e de persoal de extinción de incendios do concello de Paradela.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, está previsto que o persoal do concello de Sarria remate as tarefas de retirada dos cascallos desprendidos por mor do incendio.

Por outra banda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Sarria mantéñense en alerta por se fose necesaria a súa intervención de novo no lugar dos feitos ao longo do día.

Comentarios