Feijóo: "Galicia conta co mellor operativo contra incendios"

Feijóo: "Galicia conta co mellor operativo contra incendios"
Feijóo: "Galicia conta co mellor operativo contra incendios"

O lume, lembrou Feijóo, está activo desde as 06:15 horas, o que demostra que "evidentemente non é un lume accidental, senón interesado"

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, remarcou este xoves que Galicia conta co mellor operativo contra incendios de España aínda que alerta dos lumes intencionados.

"O operativo de incendios é o mellor operativo de España" e iso é algo que acreditan o resto das Comunidades autónomas e Portugal, apuntou Núñez Feijóo, ao ser consultado en rolda de prensa pola situación dos tres incendios que hai activos nestes momentos na Comunidade.

Dos tres incendios forestais de maior envergadura que afectan as provincias galegas de Ourense e A Coruña, o presidente fixo especial fincapé no que se sitúa na localidade coruñesa de Porto do Son, que se está propagando con rapidez e afectou a 80 hectáreas en apenas sete horas.

O lume, lembrou Feijóo, está activo desde as 06:15 horas, o que demostra que "evidentemente non é un lume accidental, senón interesado".

Con todo, reiterou que polo momento o operativo contra incendios funcionou moi ben aínda que as xornada do mércores e deste propio xoves estean a ser complexas debido ao forte vento.

Comentarios
Lo más