Santiago seguirá baixo a influencia anticiclónica

Santiago seguirá baixo a influencia anticiclónica
Santiago seguirá baixo a influencia anticiclónica

En Compostela a temperatura mínima acadará os 12ºC e a máxima os 23ºC

Galicia continuará baixo a influencia anticiclónica, coas altas presións estacionarias ao noroeste da península Ibérica. 

Deste xeito agardamos outra xornada de ceo pouco anubrado ou despexado, con néboas matinais en puntos do interior e nubes de estancamento nas comarcas cantábricas. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas ascenderán. En Compostela a temperatura mínima acadará os 12ºC e a máxima os 23ºC.

Os ventos soprarán do nordés, aumentando a súa intensidade pola tarde ata rexistrar refachos fortes no litoral da Coruña.




Comentarios