A Xunta Local de Seguridade de A Pobra acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen

A Xunta Local de Seguridade de A Pobra acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen
A Xunta Local de Seguridade de A Pobra acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Viogen

Tamén se acordou poñer en marcha a Mesa de Coordinación Policial que favorecerá a colaboración entre as forzas de seguridade implicadas nesta materia

O Concello de A Pobra do Caramiñal acolleu onte a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se acordou comezar os trámites para incorporar ao corpo da Policía Local ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero VIOGEN así como a creación da Mesa de Coordinación Policial contra a violencia de xénero. 

Estos dous acordos supoñen un paso adiante na loita contra esta lacra, non só no Concello de A Pobra, senón en toda a provincia de A Coruña. Dende a Subdelegación do Goberno provincial estáse a traballar para acadar a máxima participación das forzas de seguridade locais, en sintonía co indicado no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e través das Xuntas Locais de Seguridade. De feito, esta mesma semana a Xunta Local de Rianxo adoptaba decisións semellantes.

Cando se formalice a adhesión ao Protocolo Viogen, os axentes da policía local de A Pobra do Caramiñal poderán colaborar coa Garda Civil de xeito máis eficaz e directo, o cal beneficiará en último caso ás mulleres que nestes intres sufren algunha amenaza de violencia machista neste Concello. Os datos aportados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en A Coruña indican que na actualidade en A Pobra hai activos once casos deste tipo no sistema Viogen.

Ademais desta decisión, a Xunta Local de Seguridade aprobou a constitución da Mesa de Coordinación Policial na mesma materia. Este órgano de cooperación servirá para mellorar a colaboración entre as forzas de seguridade presentes no Concello e incidirá nunha mellora dos operativos de protección e seguimento. O Concello tamén se comprometeu a impulsar a constitución da Mesa Local Interinstitucional contra a a Violencia de Xénero, na que participarán representantes da sociedade e institucións de A Pobra.

OUTROS ACORDOS

No encontro informouse sobre o dispositivo de seguridade previsto pola Garda Civil para os festexos do Nazareno, aos que tamén se desprazará unha unidade especializada da AXEGA. 

A reunión de onte no Concello foi presidida polo alcalde de A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro,  e contou coa asistencia da vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez, acompañada pola xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Maria Isabel Álvarez ; o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña e responsables de Policía Local e Autonómica, entre outros asistentes.

Comentarios
Lo más