Brión aproba por unanimidade os festivos locais de 2020: Ascensión e Luns de Pascua

Brión aproba por unanimidade os festivos locais de 2020: Ascensión e Luns de Pascua
Brión aproba por unanimidade os festivos locais de 2020: Ascensión e Luns de Pascua

 Un punto aprobado sen debate e por unanimidade

O pleno municipal de Brión celebrou onte venres a súa sesión ordinaria de agosto, prevista inicialmente para o pasado mércores pero que tivo que aprazarse ata o venres pola ausencia de persoal funcionario. 

Na orde do día, ademais da aprobación do cambio de data da sesión, só dous puntos que tamén foron aprobados por unanimidade: a acta da sesión anterior e os festivos locais para 2020.

Nestes punto, o alcalde de Brión, José Luís García, explicou que “mantemos o xoves 21 de maio, día da Ascensión, e como Santa Minia cadra en domingo e o San Xoán é festivo autonómico, propoñemos o Luns de Pascua, que será o 13 de abril”. Un punto aprobado sen debate e por unanimidade.

Comentarios