Freire quere incorporar a Noia ao mapa de emerxencias da Xunta

Freire quere incorporar a Noia ao mapa de emerxencias da Xunta
Freire quere incorporar a Noia ao mapa de emerxencias da Xunta

O alcalde explica que “temos boas expectativas de que Noia poderá formar parte dese mapa de emerxencias de Galicia”

O alcalde de Noia, Santiago Freire, mantivo unha reunión co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, para seguir avanzando na incorporación de Protección Civil Noia ao mapa de emerxencias deseñado pola Xunta de Galicia. Trátase do segundo encontro con Villanueva, despois dun primeiro celebrado o pasado mes de xaneiro, e nel participou tamén a ex concelleira de Protección Civil e actual adxunta á Alcaldía, Ángela Neri.

Tras a reunión, Freire Abeijón explica que “temos boas expectativas de que Noia poderá formar parte dese mapa de emerxencias de Galicia, pero a súa constitución está pendente dunha reunión entre Xunta, Fegamp e Deputacións que aínda non está convocada”.

No encontro, o alcalde de Noia aproveitou tamén para solicitar novo equipamento para reforzar os servizos de Protección Civil e de loita contra a avespa velutina, e recibiu información sobre as funcións que regulamentariamente poderían desempeñar as persoas integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Finalmente, Villanueva explicoulle a Freire que en breve se asinará o convenio de colaboración para a delegación na Xunta do proceso de contratación dos Policías Locais, unha vez conseguido o apoio do Pleno da Corporación noiesa.

O alcalde de Noia destaca que “seguimos avanzando para conseguir que Protección Civil de Noia se poida incorporar a ese mapa de emerxencias, o que sería moi positivo para a nosa comarca, pois a veciñanza tería unha resposta moito máis áxil ante calquera emerxencia e os tempos de resposta serían moito máis curtos”. 

Comentarios
Lo más