Unha vintena de eventos musicais e culturais formarán parte da programación das festas de Santa Uxía

Unha vintena de eventos musicais e culturais formarán parte da programación das festas de Santa Uxía
Unha vintena de eventos musicais e culturais formarán parte da programación das festas de Santa Uxía

Aínda que o groso das actividades concéntranse no xoves 12 e o venres 13 de setembro, haberá propostas ao longo da semana

As festas patronais de Santa Uxía estarán integradas este ano por unha vintena de eventos musicais, culturais e litúrxicos que se sucederán na cidade riveirense coa fin de celebrar uns festexos marcados polo retorno do 12 de setembro como festivo local despois de dous anos sen selo.

Para dar a coñecer este calendario, compareceron na praza da Porta do Sol o cura párroco Alfonso Mera e a concelleira de Cultura, María Sampedro, á cal cualificou o cartel de “sinxelo pero moi completo”.

Aínda que o groso das actividades concéntranse no xoves 12 e o venres 13 de setembro, haberá propostas ao longo da semana, con especial fincapé no eido lúdico na actuación da Orquestra Panorama que terá lugar ás 22.30 horas do mércores 11 no paseo do Malecón, amén doutras propostas como contacontos, teatro ou a entrega dos premios Atlante no Museo do Gravado o sábado 14.

A propia parroquia de Santa Uxía ofreceranos da súa man tanto exposicións organizadas por Mans Unidas (“Mundo en feminino” e “Soñando un futuro”) como conferencias, concertos e, como actividade máis importante, a misa solemne do xoves 12 ás 12 do mediodía cantada pola Coral do Círculo Mercantil de Riveira e proseguida de procesión.

Tanto María Sampedro como Alfonso Mera animaron á veciñanza á involucrarse nesta programación e respaldar coa súa presenza esta festividade.

Comentarios
Lo más