Ames aproba a mellora do camiño que vai de Firminstáns á estrada de Tarrío

Ames aproba a mellora do camiño que vai de Firminstáns á estrada de Tarrío
Ames aproba a mellora do camiño que vai de Firminstáns á estrada de Tarrío

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este xoves, 5 de setembro, a adxudicación das obras de mellora do camiño que vai de Firmistáns á estrada de Tarrío

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este xoves, 5 de setembro, a adxudicación das obras de mellora do camiño que vai de Firmistáns á estrada de Tarrío. Este proxecto, que foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 27.836 euros, está incluído no Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020. Ademais, aprobouse o expediente de contratación do contrato de servizos de organización do festival internacional de cine infantil 2019, así como o gasto correspondente por importe de 33.318,72 euros, IVE incluído, con cargo ao orzamento municipal de 2019.

As obras do proxecto de mellora do camiño que vai de Firmistáns á estrada de Tarrío foron adxudicadas á empresa SYR-AMG SL por un importe de 27.836 euros. Deste xeito, vaise actuar nunha superficie de 845 metros de longo (dividido en dous treitos de 195x3,50 e 650x4 metros) e dous abanicos de 25x5 e 10x3,50 metros. Nesta superficie procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.

Aplicarase no primeiro treito un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 30% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo e no segundo treito e nos abanicos, reporase o paquete de firme con quince centímetros de pedra 32/63 mm e tripla rega asfáltica.

O concelleiro de Obras, Blas García, di que “con esta obra se vai a facilitar a comunicación entre os lugares de Firmistáns e Tarrío, na parroquia de Bugallido, xa que se mellora notablemente unha pista que ata o de agora maioritariamente estaba en zahorra pasando a estar toda en asfalto”. 

Este proxecto está incluído no Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020. Tamén está incluído o proxecto de mellorado  camiño a Ínsua, na praia fluvial de Tapia. A finalidade do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 é a execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais que contribúan a reforzar o tecido social e mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, facilitando a accesibilidade, a vertebración do territorio e o aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

Festival internacional de cine infantil 2019

Ademais, aprobouse o expediente de contratación do contrato de servizos de organización do festival internacional de cine infantil 2019, así como o gasto correspondente por importe de 33.318,72 euros, IVE incluído, con cargo ao orzamento municipal de 2019. A terceira edición do festival internacional de cine infantil está previsto que se celebre os días 15, 16 e 17 de novembro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Nas dúas edicións anteriores este festival de cine infantil tivo unha gran afluencia de público.

Comentarios
Lo más