Ribeira remata a humanización da rúa Lugo

Ribeira remata a humanización da rúa Lugo
Ribeira remata a humanización da rúa Lugo

Deste xeito, o tramo da rúa de Lugo que transita entre a praza do Concello e a rúa Cristóbal Colón xa conta cunha plataforma única que serve para mellorar a accesibilidade na zona de actuación

O Concello de Ribeira informa de que, a falla dos últimos axustes, acaban de concluír as obras de humanización da céntrica Rúa de Lugo e a empresa adxudicataria vén de focalizar os seus traballos na rúa Rosalía de Castro, veciña da anterior.

Deste xeito, o tramo da rúa de Lugo que transita entre a praza do Concello e a rúa Cristóbal Colón xa conta cunha plataforma única que serve para mellorar a accesibilidade na zona de actuación. A tal efecto o aglomerado da calzada foi substituído por un pavimento de formigón semipulido intercalado con franxas transversais formadas por lousas de granito de dimensións 60x40x8 cm., en tanto que as beirarrúas foron construídas con granito silvestre de 60x40x4. Están pendentes algúns detalles, como por exemplo a colocación de árbores ornamentais.

Cómpre recordar que a empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L., é a encargada de executar esta actuación que, sumada a que se vai facer en Rosalía de Castro coas mesmas características —no tramo comprendido entre a rúa Marcial del Adalid e a antiga Sanyg—, comporta un investimento total de 163.298 euros, IVE incluído. 

Comentarios
Lo más