A Escola de Familias rianxeira retoma a súa actividade despois do verán

A Escola de Familias rianxeira retoma a súa actividade despois do verán
A Escola de Familias rianxeira retoma a súa actividade despois do verán

Os Faladoiros de alimentación saudable terán lugar os días 25 de setembro e 2, 9, 16 e 23 de outubro), en horario de 18:30 a 19:30 no Auditorio de Rianxo

Despois do éxito acadado co primeiro dos obradoiros monográficos da Escola de Familias 2019, dedicado á Disciplina Positiva, o Concello de Rianxo abre a vindeira semana o prazo de inscrición para participar nos Faladoiros de alimentación saudable. Estes Faladoiros constarán de cinco sesións impartidas pola nutricionista infantil Lidia Folgar Latorre, que abordará temas como a BLW (Alimentación Complementaria Autorregulada), os hábitos alimentarios das familias, a compra saudable, as fraudes alimentarias e trucos para preparar comidas saborosas e saudables para as crianzas. 

Os obradoiros da Escola de Familias do Concello de Rianxo están organizados pola Concellería de Benestar Social, Diversidade e Igualdade, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística e están destinados tanto ás familias con crianzas como ao persoal educativo (docentes de ensino infantil e primario, educadoras/es de garderías, persoal de ludotecas, responsables de comedores escolares, etc.) que poden acceder a unha formación especializada de maneira doada e a un prezo moi reducido, 20€ (persoa adulta) ou 25€ (2 persoas adultas da mesma unidade familiar). 

Como acontece en cada unha das actividades formativas da Escola de Familias, a mellora da saúde das crianzas, neste caso promover uns hábitos alimentarios sans, é un dos aspectos máis relevantes do programa. Ademais disto, outra finalidade destes monográficos é procurar un espazo de convivencia onde as familias poidan compartir inquedanzas, experiencias etc., así como favorecer o encontro de familias que partillen modelos educativos semellantes.

Os Faladoiros de alimentación saudable terán lugar os días 25 de setembro e 2, 9, 16 e 23 de outubro), en horario de 18:30 a 19:30 no Auditorio de Rianxo.

Máis tarde, xa durante os meses de outubro e novembro desenvolverase o Obradoiro de Mindfulness en familia, actividade impartida pola psicóloga familiar Raquel Bello, de Espazo Oikos, e que procurará mellorar o autocontrol das crianzas e das persoas que as coidan. 

Os monográficos que se inclúen na Escola de Familias ofrécenselle á cidadanía a través do Proxecto Apego, un programa que pretende mellorar a socialización en lingua galega como lingua inicial. Neste proxecto, galardoado co Premio Cultura da Lingua (Xunta de Galicia) e o Premio Rosalía de Castro de Lingua (Deputación da Coruña), participan os servizos de normalización lingüística de máis de 30 concellos de Galicia.

Comentarios
Lo más