Continuarán os ceos despexados en Compostela

Continuarán os ceos despexados en Compostela
Continuarán os ceos despexados en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima serán os 23ºC

As altas presións continuarán esta xornada estacionarias ao noroeste da península Ibérica, impedindo a chegada das baixas presións atlánticas. 

Deste xeito o ceo estará pouco anubrado ou despexado, con nubes de estancamento na comarcas cantábricas ao principio e final da xornada. 

As temperaturas non terán cambios significativos, polo que se acadarán valores suaves para esta época do ano. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima serán os 23ºC.

Os ventos soprarán do nordés, aumentando a súa intensidade pola tarde.

Comentarios