A situación manténse na xornada do domingo

A situación manténse na xornada do domingo
Meteogalicia
A situación manténse na xornada do domingo

Agárdanse máximas de 25º e mínimas de 12º

Non se agardan cambios significativos para o domingo, con Galicia na influencia das altas presións. Así, os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes de estancamento no extremo norte. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do nordés.

Agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.
En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.


Comentarios