O Santiago Futsal clasifícase para cuartos de final da Copa Galicia

O Santiago Futsal clasifícase para cuartos de final da Copa Galicia
O Santiago Futsal clasifícase para cuartos de final da Copa Galicia

O obxectivo de ambos os equipos era seguir avanzando no cadro da esta XXIX Copa Galicia para enfrontarse ao Coperfi Cereixa Gondomar FS en cuartos de final

Este sábado tivo lugar no Pavillón Central As Travesas de Vigo os oitavos de final da XXIX Copa Galicia que enfrontaron ao Santiago Futsal e ao Ganomagoga Vigo – IES Coruxo FS

Os locais afrontaban o choque despois de eliminar ao Campito FS por 1-4 e os santiagueses tras o seu partido en Padrón contra o Stellae FS (2-3) e coas baixas de Iván Beltrán, Jesús Gambín e os internacionais Sub 19 Nito, “Pirata” e Recio.

O obxectivo de ambos os equipos era seguir avanzando no cadro da esta XXIX Copa Galicia para enfrontarse ao Coperfi Cereixa Gondomar FS en cuartos de final, clasificado tras deixar fóra da competición ao Pazos de Borben.

Ás 19:00 horas comezou o encontro co Santiago tomando a iniciativa mediante a posesión da pelota e o dominio das ocasións. No minuto 4, Domingos disparou alto e pouco despois Brais sacou un balón perigoso cos pés. Ismael puido adiantar aos nosos en dúas ocasións consecutivas, pero o meta rival desviounas con boas intervencións.

A intensidade do partido quedou reflectida nas faltas, xa que aos 10 minutos ambos os equipos tiñan catro cada un. As oportunidades sucedíanse para os visitantes, pero estes non conseguiron materializar ningunha e o partido foise ao descanso en empate.

O inicio da segunda metade seguiu o ritmo da primeira. O Santiago Futsal acosaba ao rivais pero ningún dos seus xogadores conseguía adiantar aos de David Rial.

No minuto 29 o porteiro local foi expulsado e os santiagueses souberon aproveitar a inferioridade numérica para poñer o único gol no electrónico da tarde. Alberto Mirás endereitou un disparo desviado de Isma e conseguiu, ademais do seu cuarto gol en tres partidos, o gol que daría a clasificación para os seus.

Os rivais tentaron reaccionar, pero a boa defensa dos da capital e o bo facer de Brais fixeron que o marcador non se movese ata o final do partido.

David Rial, adestrador dos visitantes, analizou o choque ao finalizar o mesmo: “A primeira parte foi moi trabada e con moitas interrupcións, polo que non fomos capaces de manter un ritmo elevado de partido. Na segunda atopámonos mellor, con máis fluidez e xerando máis xogo. Quédannos dúas semanas para o inicio da competición ligueira e debemos seguir puíndo cousas para chegar da mellor maneira ao partido contra Alzira.”

Comentarios