Os incendios de Monforte e Lobeira xa arrasaron más de 600 hectáreas de monte

Os incendios de Monforte e Lobeira xa arrasaron más de 600 hectáreas de monte
Os incendios de Monforte e Lobeira xa arrasaron más de 600 hectáreas de monte

Permanecen controlados os lumes de Monforte de Lemos (465 ha) e Lobeira (150 ha), este último rexistrado no Parque Natural do Xurés

Continúa controlado desde as 13:48 horas do venres o lume de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, tras comezar o pasado xoves ás 13:22 horas.

Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción levan traballado tres técnicos, 15 axentes, 75 brigadas, 30 motobombas, seis pas, 16 helicópteros e seis avións.

Por outra parte, o incendio declarado en Lobeira segue tamén controlado desde as 20:29 horas do venres, na parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar o pasado xoves ás 7:50 horas da mañá. 

Segundo a última estimación, a superficie afectada é de 150 hectáreas rexistradas dentro do Parque Natural do Xurés. Nos labores de extinción mobilizáronse un técnico, 17 axentes, 51 brigadas, 15 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e sete avións.

Comentarios
Lo más