Extinguido o incendio que se iniciou o venres en Ribeira

Extinguido o incendio que se iniciou o venres en Ribeira
Extinguido o incendio que se iniciou o venres en Ribeira

A superficie afectada ascende a 197 hectáreas

O incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que se iniciou o venres ás 23:04 horas na parroquia de Oleiros e que tamén afectou ao municipio de Porto do Son, quedou extinguido ás 20:30 horas de onte.

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 197 hectáreas, das cales 160 foron arboradas e 37 de rasas. 

Na súa extinción participaron 25 axentes, 43 brigadas, 24 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e cinco avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Comentarios