Brión inviste 45.000 euros nun novo camión de rego asfáltico para a súa brigada municipal de obras

Brión inviste 45.000 euros nun novo camión de rego asfáltico para a súa brigada municipal de obras
Brión inviste 45.000 euros nun novo camión de rego asfáltico para a súa brigada municipal de obras

O vehículo dispón dun sistema de pulverización da emulsión asfáltica

O Concello de Brión vén de comprar por 45.000 euros un camión de rego asfáltico de segunda man para mellorar as actuacións de conservación e mellora da rede viaria municipal que realiza a cuadrilla de obras. 

O vehículo dispón dun sistema de pulverización da emulsión asfáltica, de xeito que supón un importante avance sobre o sistema manual que se estaba a empregar ata o momento e permitirá lograr un resultado uniforme na estrada onde se actúe. 

Un sistema automatizado con regulación das dosificacións e accionamento da rampla tanto dende fóra do vehículo como dende a cabina do condutor. Un vehículo que xa comezou a operar no municipio, concretamente na parroquia da Luaña, onde fixo o primeiro arranxo nos accesos ao campo de fútbol.

Comentarios