Este mércores comeza a funcionar o servizo de comedores escolares

Este mércores comeza a funcionar o servizo de comedores escolares
Este mércores comeza a funcionar o servizo de comedores escolares

Todas as familias que solicitaron praza no rexistro xeral do Concello de Santiago nos prazos establecidos (entre o 25 de xuño e o 22 de xullo de 2019) están admitidas, e comenzarán a facer uso del mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o mércores 11 de setembro de 2019 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola e Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Todas as familias que solicitaron praza no rexistro xeral do Concello de Santiago nos prazos establecidos (entre o 25 de xuño e o 22 de xullo de 2019) están admitidas, e comenzarán a facer uso del mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os usuarios con recibos impagados de cursos anteriores 

Comentarios