Bugallo reúnese con integrantes da Real Academia Galega de Belas Artes

Bugallo reúnese con integrantes da Real Academia Galega de Belas Artes
Bugallo reúnese con integrantes da Real Academia Galega de Belas Artes

A Real Academia Galega de Belas Artes, con sede na Coruña, naceu no ano 1849, como entidade creadora de iniciativas e de estudos relacionados coas artes

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a varios membros da Real Academia Galega de Belas Artes, entre eles o seu presidente, Manuel Quintana Martelo, cos que falou da institución e da actividade que desenvolve.

A Real Academia Galega de Belas Artes, con sede na Coruña, naceu no ano 1849, como entidade creadora de iniciativas e de estudos relacionados coas artes, museos, publicacións, rehabilitacións e revitalización de conxuntos culturais. É un órgano consultivo da Administración, que depende da Xunta de Galicia. 

Comentarios