Debate sobre a política exterior desde o 11S ata o goberno de Trump

Debate sobre a política exterior desde o 11S ata o goberno de Trump
Debate sobre a política exterior desde o 11S ata o goberno de Trump

Será no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, o martes 10 de setembro ás 19:00

O IGADI organiza a actividade “Do 11 S á política exterior de Trump” o martes 10 de setembro ás 19:00 na Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela, por medio da charla e debate co profesor Jared D. Larson, profesor de Relacións Internacionais da Universidade de Humboldt State, California.

A actividade enmárcase na guerra comercial dos USA coa China e a máxima tensión no proceso do Brexit, onde Trump sempre apostou forte pola saída da UE do Reino Unido, con ou sen acordo. Cómpre a súa vez lembrar o 11S e a súa influencia estrutural na política norteamericana, agora que no 2019 cumpre a súa maioría de idade histórica coa conmemoración do seu 18 aniversario.

O formato da charla procura a interacción co público e a concentración do maior tempo da actividade no debate e conversa entre as persoas participantes.

O IGADI comprácese en convidar a cidadanía de Santiago e aos seus axentes institucionais, académicos, políticos, económicos, socioculturais ou de comunicación a pensar o mundo desde aquí, acompañando o noso vixésimo oitavo aniversario, nunha actividade aberta ao público que non precisa de inscrición previa.

Será no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, o martes 10 de setembro ás 19:00.

Comentarios