Xornada de transición na cidade con posibilidade de orballo matinal

Xornada de transición na cidade con posibilidade de orballo matinal
Xornada de transición na cidade con posibilidade de orballo matinal

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 19ºC

Xornada de transición na que o aire frío irase desprazando progresivamente cara ao leste da península Ibérica e será sustituido polas altas presións. 

Con isto agárdase unha xornada de ceos parcialmente anubrados, con chuvias febles e intermitentes durante a mañá na metade norte; pola tarde as chuvias irán desaparecendo, abríndose grandes claros no sur. 

As temperaturas descenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 19ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos moderados no litoral.

Comentarios