Calcinado un alpendre por mor dun incendio no lugar de Riosubil

Calcinado un alpendre por mor dun incendio no lugar de Riosubil
Calcinado un alpendre por mor dun incendio no lugar de Riosubil

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, as lapas calcinaron un tractor, un motocultor, distinto material de labranza e varios fardos de herba seca

Un incendio calcinou esta madrugada un alpendre situado no lugar de Riosubil, na localidade lucense de Baralla.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, as lapas calcinaron un tractor, un motocultor, distinto material de labranza e varios fardos de herba seca que se almacenaban no seu interior. Así o indicaron os Bombeiros de Sarria e os membros do GES de Becerreá, nada mais rematar coas tarefas de extinción.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume, ao redor das 03:00 horas desta madrugada. O alertante, aseguraba que non había persoas afectadas pero que as lapas podían propagarse á casa do carón. Foi a partir dese momento, cando os xestores do 112 puxeron axiña en alerta aos Bombeiros, ao GES e á Garda Civil.

Comentarios