Extinguidos os incendios de Monforte de Lemos e de Oímbra

Extinguidos os incendios de Monforte de Lemos e de Oímbra
Extinguidos os incendios de Monforte de Lemos e de Oímbra

Os dous incendios quedaron extinguidos na noite de onte, sobre as 21:20 horas.

Extinguido ás 21:19 horas de onte o lume rexistrado o xoves ás 13:22 horas no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane. 

Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción participaron tres técnicos, 15 axentes, 77 brigadas, 30 motobombas, seis pas, 16 helicópteros e seis avións.

OÍMBRA

Tamén quedou extinguido ás 21:20 horas de onte o incendio no municipio ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre, tras comezar ás 14:40 horas.

Segundo as últimas estimacións, afectou 31,88 hectáreas, das cales 31,68 foron de monte raso e 0,2 de monte arborado. Na súa extinción traballaron catro axentes, 12 brigadas, tres motobombas, catro helicópteros e seis avións.

Comentarios
Lo más