Incendio nun lavado de coches en Ourense

Incendio nun lavado de coches en Ourense
Incendio nun lavado de coches en Ourense

A estrutura da nave non se viu afectada

Esta madrugada, sobre as 02:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para alertar dun incendio nun garaxe dedicado ao lavado de coches, situado na Avenida de Santiago, en Ourense.

De inmediato, desde  o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros da cidade que saíron ao punto decontado. Así mesmo, púxose en alerta aos servizos sanitarios, aos axentes da Policía Local, Nacional e ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que unicamente ardeu unha moto e que as lapas afectaran a un coche situado nun elevador.

A estrutura da nave non se viu afectada.

Comentarios