Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira, gañadores do Artemar Ribeira 2019

Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira, gañadores do Artemar Ribeira 2019
Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira, gañadores do Artemar Ribeira 2019

Para entregar cadanseu obsequio acudiron ata estes negocios o alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros de Comercio e de Cultura, Ramón Doval e María Brión

Os establecementos Casa Patrón, El Rincón del Chocolate e A Recoveira foron os gañadores dos concursos postos en marcha este verán na feira artesanal e mariñeira Artemar Ribeira 2019 nas categorías, respectivamente, de mellor decoración de local hostaleiro, escaparatismo e de mellor tapa.

Para entregar cadanseu obsequio acudiron ata estes negocios o alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros de Comercio e de Cultura, Ramón Doval e María Brión. Recolleron Manolo García (Casa Patrón), Diana Muiños (El Rincón del Chocolate) e Dani Torres (A Recoveira).

Cómpre lembrar que o resultado destes concursos derivou das votacións dos propios asistentes á feria Artemar que depositar os seus votos nunha urna habilitada ao efecto. En total, suman máis de 800 os votos emitidos entre estes certames postos en marcha en colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira.

Comentarios