O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica no marco de "Sonoro empeño"

O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica no marco de "Sonoro empeño"
O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica no marco de "Sonoro empeño"

Celebrarase hoxe mércores 11 de setembro no Centro Obra Social ABANCA coas entradas esgotadas

No marco do proxecto multidisciplinar Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias en Santiago de Compostela.

O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica hoxe mércores 11 de setembro, a partir das 19.00 h, no Centro Obra Social de ABANCA (pr. de Cervantes). Neste exclusivo encontro, o recoñecido chef que posúe unha estrela Michelín cociñará e explicará os procedementos da súa cociña. Os asistentes degustarán os pratos elaborados e terán ocasión de conversar con el. As entradas están esgotadas. 

Ademais, o venres 13 de setembro, ás 18.30 h, terá lugar a última visita guiada á exposición antes da súa clausura o domingo día 15. 

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

Comentarios