Apoio do BNG ás reivindicacións dos traballadores do aeroporto Lavacolla

Apoio do BNG ás reivindicacións dos traballadores do aeroporto Lavacolla
Apoio do BNG ás reivindicacións dos traballadores do aeroporto Lavacolla

En concreto, reclaman que se manteña a cantina para as traballadoras e traballadores

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, mantivo unha reunión co comité de folga do aeroporto Rosalía de Castro – Lavacolla co fin de trasladarlles o apoio á reivindicación das necesidades do persoal ante os recortes de dereitos laborais.

En concreto, reclaman que se manteña a cantina para as traballadoras e traballadores, o incremento do cadro de persoal acorde ao constante incremento da carga laboral, a denuncia da temporalidade e precariedade nas empresas subcontratadas, o cumprimento da cobertura en horario nocturno, o cese dos recortes no servizo de enfermaría e o abono do aparcadoiro obrigatorio soportado polo persoal.

Deste xeito, Goretti Sanmartín expresoulle ao comité de folga o apoio do BNG para os paros que secundarán a partir do venres 13 de setembro, entre as 4:30 e as 10:30, e a concentración prevista para as 9:30 nas propias instalacións do aeroporto co fin de evitar os recortes de dereitos laborais. As seguintes mobilizacións serán o 20 e 27 de setembro para as empresas principais, subcontratas ou concesionarias, en caso de non chegar a acordo antes.

Comentarios