Bugallo reuniuse cos traballadores de AENA de Lavacolla

Bugallo reuniuse cos traballadores de AENA de Lavacolla
Bugallo reuniuse cos traballadores de AENA de Lavacolla

Despois do encontro, o rexedor sinalou a súa disposición a falar coa dirección do Aeroporto e, se é o caso, con Aena

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes co comité de folga do Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, que convocou tres paros este mes en protesta pola non licitación do servizo de cantina destinado aos traballadores e traballadoras.

Despois do encontro, o rexedor sinalou a súa disposición a falar coa dirección do Aeroporto e, se é o caso, con Aena. Destacou a transcendencia deste asunto, e espera que haxa marxe de manobra despois de que Aena aprobase o prego de condicións e xa convocase o concurso no que queda excluído o "servizo dos traballadores". Para Sánchez Bugallo, "os prezos das cafeterías do Aeroporto, para unha persoa que traballa todos os días alí, e para repercutilo no seu soldo, é claramente excesivo. Calculo que está un 50% por enriba dos prezos da rúa". O alcalde expresou o seu desexo de que "lle dean unha solución".

Manuel Rendo Pérez, vicepresidente da Coordinadora do Comité Intercentros do Aeroporto, pensa que a reunión foi positiva. Aínda que o Concello non ten competencias, confía en que o alcalde poida falar coa dirección de Aena para empezar a negociar. Ao encontro tamén asistiron o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o edil Rafael Peña, de Compostela Aberta. 

Comentarios