Liberan en Pantón ao condutor dunha furgoneta despois de dar varias voltas de campá

Liberan en Pantón ao condutor dunha furgoneta despois de dar varias voltas de campá
Liberan en Pantón ao condutor dunha furgoneta despois de dar varias voltas de campá

O accidente ocorreu no punto quilométrico 531 da N-120, ao fío das 17:15 horas de onte

O condutor dunha furgoneta resultou ferido esta tarde en Pantón despois de que o vehículo no que circulaba rematase fóra da vía tras dar varias voltas de campá.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home tivo que ser liberado polos Bombeiros de Monforte, ao quedar nunha situación difícil a furgoneta sinistrada, para que puidese ser atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 531 da N-120, ao fío das 17:15 horas de onte.

Nada máis ter constancia dos feitos a través do persoal sanitario, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios