Dous feridos, un deles excarcerado, ao colidir dous vehículos en Vimianzo

Dous feridos, un deles excarcerado, ao colidir dous vehículos en Vimianzo
Dous feridos, un deles excarcerado, ao colidir dous vehículos en Vimianzo

Unha vez liberado o condutor do interior da furgoneta, os Bombeiros confirmaron o traslado de ambos condutores ao centro hospitalario

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas excarcerada tras colidir frontalmente un turismo e unha furgoneta cando circulaban pola AC-432, á altura do punto quilométrico 7,400, ao seu paso polo concello coruñés de Vimianzo.

Nada máis recibir a chamada de alerta, pasados uns minutos das 06:30 horas, na cal o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia da posibilidade de que houbese unha persoa atrapada, os xestores de emerxencias alertaron axiña aos Bombeiros de Cee e aos membros Protección Civil da localidade. Así mesmo, solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico e a do persoal de mantemento da estrada que se encargaron de recuperar as condicións de seguridade na vía.

Unha vez liberado o condutor do interior da furgoneta, os Bombeiros confirmaron o traslado de ambos condutores ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.

Comentarios