Unha persoa foi rescatada tras caer ao mar mentres pescaba na Guarda

Unha persoa foi rescatada tras caer ao mar mentres pescaba na Guarda
Unha persoa foi rescatada tras caer ao mar mentres pescaba na Guarda

Indicaba que unha persoa caera dende as rochas ao mar e presentaba dificultades para saír por mor da ondada que había nese momento

Unha embarcación particular rescatou a pasada tarde a unha persoa que caeu ao mar cando se atopaba pescando no Porto da Guarda.

Ao fío das 19:30 horas, un particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que unha persoa caera dende as rochas ao mar e presentaba dificultades para saír por mor da ondada que había nese momento.

A partir de aí, o 112 Galicia puxo en alerta ao persoal de Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas de Galicia. De igual xeito, informou ademais de aos servizos sanitarios, á Garda Civil, Policía Local e aos membros do GES da Guarda.

Tamén o helicóptero Pesca-1 do servizo de Gardacostas se desprazou ata o lugar, aínda que finalmente, unha embarcación particular que se atopa na zona puido rescatar á persoa.

Tras ser rescatada, unha ambulancia do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse ata o Porto e trasladou ao pesacador ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentarios