Un Policía afectado por inhalación de gas e dous edificios desaloxados en Sanxenxo por un escape nunha tubería

Un Policía afectado por inhalación de gas e dous edificios desaloxados en Sanxenxo por un escape nunha tubería
Un Policía afectado por inhalación de gas e dous edificios desaloxados en Sanxenxo por un escape nunha tubería

De inmediato, desde o 112 Galicia se informou aos Bombeiros do Salnés e á Policía Local, que xa tiñan constancia do suceso

Un axente da Policía Local resultou afectado por inhalación do gas que provocou a rotura dunha tubaria na Rúa Progreso, en Sanxenxo.


Afortunadamente, o afectado, non precisou ser trasladado e foi atendido polos profesionais sanitarios no mesmo lugar do suceso. Ademais, dous edificios de tres andares e unhas 20 vivendas cada un deles, foron  desaloxados por precaución mentres os técnicos arranxaban a avaría.

Todo empezou sobre as 10:15 horas desta mañá. Foi a esa hora, cando os membros do Servizo Local de Xestión de Emerxencias da localidade puxeron en alerta ao 112 Galicia. Indicaban, que por mor dunhas obras en dita rúa, se producira unha fuga de gas importante.

De inmediato, desde o 112 Galicia se informou aos Bombeiros do Salnés e á Policía Local, que xa tiñan constancia do suceso. Do mesmo modo, os xestores de emerxencias, puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si fose precisa a súa intervención, así como, ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece a zona.

Chegados ao punto, os membros do GES solicitaron a presenza dos servizos sanitarios, posto que, un Policía que se atopaba no lugar presentaba síntomas de intoxicación pola inhalación do gas.

Os Bombeiros de Ribadumia comunicaron ao 112 que a fuga foi detida, os inquilinos puideron volver ás súas vivendas e os obreiros continuaron co seu traballo.

Comentarios