Accidente múltiple na SC-20

Accidente múltiple na SC-20
Accidente múltiple na SC-20

As dúas persoas feridas no accidente foron trasladadas polos servizos sanitarios a un centro hospitalario

En Santiago de Compostela, dúas persoas resultaron feridas nunha colisión na que se viron implicados tres coches. O accidente ocorreu na SC-20, concretamente no punto quilométrico 6,700.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 14.35 horas, a través da Garda Civil de Tráfico. Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e aos Bombeiros de Santiago de Compostela.

Finalmente, as dúas persoas feridas no accidente foron trasladadas polos servizos sanitarios a un centro hospitalario.


Comentarios