O BNG celebrará unha asemblea aberta en Castiñeiras para falar sobre a depuradora de marisco

O BNG celebrará unha asemblea aberta en Castiñeiras para falar sobre a depuradora de marisco
O BNG celebrará unha asemblea aberta en Castiñeiras para falar sobre a depuradora de marisco

Desde o Bloque aclaran que o seu traballo non só se limitou a contrastar a información e os proxectos co persoal técnico do concello durante os últimos meses, senón que tamén se levou o caso ao Parlamento Galego a través da deputada Montse Prado

O BNG ribeirense celebrará unha asemblea aberta o venres 13 ás 20:30 na casa da cultura de Castiñeiras para dar conta das actuacións feitas pola formación nacionalista en relación á depuradora de marisco que se está levantando no porto.

Desde o Bloque aclaran que o seu traballo non só se limitou a contrastar a información e os proxectos co persoal técnico do concello durante os últimos meses, senón que tamén se levou o caso ao Parlamento Galego a través da deputada Montse Prado. A este respecto e para que a veciñanza teña información de primeira man, o venres acudirá á xuntanza, ademais do grupo municipal, a propia deputada galega que lle dará conta á veciñanza dos avances que se fixeron nas diferentes institucións.

O voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, apunta a que “non se trata de evitar que se asenten empresas que xeren riqueza no municipio, quen diga iso do Bloque mente, senón de procurar que se instalen en localizacións axeitadas para que provoquen a mínima afección ambiental e social” asegurou.

"No Bloque levamos moitos anos facendo iniciativas para a creación de postos de traballo como é promover a creación de chan industrial, apoio ao comercio local, atraer persoal cualificado, etc. mais non podemos caer no erro de crealo a calquera prezo, ignorando a lexislación ou estragando o noso medio natural como permitiu o Partido Popular" aseverou Vázquez Cobas.

Comentarios
Lo más