Uns 2.540 alumnos de educación infantil e primaria iniciaron onte o curso escolar en Ames

Uns 2.540 alumnos de educación infantil e primaria iniciaron onte o curso escolar en Ames
Uns 2.540 alumnos de educación infantil e primaria iniciaron onte o curso escolar en Ames

Os colexios do concello, a escola de educación infantil do Milladoiro e as escolas unitarias abriron as súas portas con total normalidade


Un total de 2.540 nenos e nenas do concello de Ames deron comezo esta mañá a un novo curso escolar. Os colexios do concello, a escola de educación infantil do Milladoiro e as escolas unitarias abriron as súas portas con total normalidade. Previamente, durante os meses de verán, no marco do plan de mantemento estival que se realiza todos os anos, o Concello executou diversos de traballos de mantemento e reparación nos colexios do municipio por valor de máis de 40.000 euros.

Onte botou a andar o curso escolar 2019-2020 nos centros escolares de infantil e primaria. O inicio do curso comezou con normalidade en todos os centros de ensino do municipio. A Policía Local realizou un operativo especial co obxectivo de regular o tráfico nas entradas dos colexios. Neste curso escolar, que vén de comezar nos centros de Ames, hai escolarizados 2.540 nenos e nenas que cursarán estudos de infantil e primaria.  

Na Escola de educación infantil do Milladoiro hai 319 nenos e nenas matriculados (100 nenos/as de 3 anos, 98 rapaces e rapazas de 4 anos e 121 alumnos de 5 anos); no CEIP da Maía hai 615 matriculados (178 alumnos de infantil e 437 de primaria); o CEIP Agro do Muíño conta 493 alumnos (150 nenos de infantil e 343 de primaria); no CEP de Ventín hai 621 rapaces e rapazas de primaria, mentres que no CEIP de Barouta son 275 (75 nenos de infantil e 200 de primaria) os alumnos matriculados para este curso. 

As clases tamén deron comezo nas escolas unitarias. A escola de Covas recibiu a 6 nenos e nenas, mentres que a da Igrexa, en Ortoño, acolleu na mañá de onte a 18 cativos. Por último, no colexio Alca esta mañá comezaron as clases un total de 193 alumnos (62 nenos de infantil e 131 de primaria).

Comentarios
Lo más