Un incendio nun garaxe en Rianxo provoca diversos danos no seu interior

Un incendio nun garaxe en Rianxo provoca diversos danos no seu interior
Foto de arquivo
Un incendio nun garaxe en Rianxo provoca diversos danos no seu interior

Os Bombeiros de Boiro confirmaron ao 112 Galicia que as labores de extinción do lume finalizaron ás 17:30 horas

Un incendio declarado na tarde de onte no interior dun garaxe en Rianxo deixou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume afectou a dous turismos, un deles rematou completamente calcinado, a varios electrodomésticos e ao mobiliario que se atopaba na estancia.

Os feitos tiveron lugar en Outeiro, ao fío das 15:35 horas de onte. Foi nese momento cando unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia. A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a actuación dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, os profesionais do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Así, os Bombeiros de Boiro confirmaron ao 112 Galicia que as labores de extinción do lume finalizaron ás 17:30 horas.

Comentarios
Lo más