O Punto Limpo de Ames alcanzou no mes de agosto 686 visitas, no récord de entradas dende a súa inauguración

O Punto Limpo de Ames alcanzou no mes de agosto 686 visitas, no récord de entradas dende a súa inauguración
O Punto Limpo de Ames alcanzou no mes de agosto 686 visitas, no récord de entradas dende a súa inauguración

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o pasado mes de agosto 686 visitas, número máximo de entradas por mes dende que se inaugurou en xaneiro de 2007 

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o pasado mes de agosto 686 visitas, número máximo de entradas por mes dende que se inaugurou en xaneiro de 2007. Das achegas feitas no pasado mes de agosto destaca fundamentalmente o incremento no aporte de envases baleiros contaminados e de pneumáticos que se atopaban fóra de uso. Este servizo municipal está xestionado pola empresa Urbaser.

Os veciños e veciñas de Ames cada vez son máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos residuos que non van os colectores convencionais. Iso demóstrase no incremento de visitas que está experimentando o Punto Limpo. Cada vez son máis as persoas que achegan a este centro para depositar alí todo tipo de residuos, favorecendo a súa mellor valorización e evitando o seu depósito incontrolado. Así non pasado mes de agosto alcanzáronse as 686 visitas, número máximo de entradas por mes dende que comezou a funcionar este servizo.

A cifra de entradas deste mes de agosto supera a acadada en setembro de 2017, de 650 visitas, que ata o de agora era a cifra máxima de usuarios/as rexistrados nun mes. Este ano destacan as boas cifras dos meses estivais xa que no mes de xullo rexistráronse 628 visitas. En relación aos residuos achegados pola veciñanza amesá no pasado mes de agosto destaca notablemente o incremento no aporte de envases baleiros contaminados e de pneumáticos que se atopaban fóra de uso.

Deste xeito durante o mes de agosto os veciños e veciñas de Ames entregaron 2.812 quilos de equipos electrónicos, 300 quilogramos de envases baleiros contaminados e 220 quilos (23 unidades) de pneumáticos que se atopaban fóra de uso. Tamén se entregaron 95 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 90 quilos (9 unidades) de baterías de chumbo, 7 quilogramos (253 unidades) de pilas e 12 unidades de aerosois.

Os entullos procedentes de obras menores supuxeron 30 metros cúbicos, aos que se sumaron 30 metros cúbicos de plásticos, 30 de metais e outros 60 de madeira, así como 110 quilogramos de pintura. Os veciños e veciñas tamén achegaron 69 litros de aceites vexetais e outros 55 de aceite de motor. O Punto Limpo tamén recolleu 4 metros cúbicos de roupa, 9 de papel e outros 60 de voluminosos como colchóns, sofás e escumas. 

Comentarios