Desaloxan unha vivenda por un incendio en Monforte de Lemos

Desaloxan unha vivenda por un incendio en Monforte de Lemos
Desaloxan unha vivenda por un incendio en Monforte de Lemos

Os Bombeiros confirmaron que ardeu un quentador de butano e o mobiliario do redor, posiblemente, a causa dunha fuga de ga

O CIAE tivo constancia a pasada tarde, uns minutos despois das 19:00 horas, doutro incendio nunha vivenda dun edificio de catro andares, situado na Rúa Coruña, en Monforte de Lemos. Ao igual que no caso anterior, non houbo que lamentar danos persoais aínda que si foi necesario o desaloxo dunha das vivendas do inmoble, habitada por un matrimonio e os seus dous fillos.

O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda indicaba que ardía a caldeira de gasóleo nun piso e que non había persoas afectadas. Así, con estes datos, xestores do 112 puxeron en alerta aos Bombeiros de Monforte, que decontado se desprazaron ao punto. Así mesmo, informaron á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que ardeu un quentador de butano e o mobiliario do redor, posiblemente, a causa dunha fuga de gas.

Técnicos da empresa subministradora deste gas, tras ser alertados polo 112 Galicia, encargáronse da reparación da avaría e a familia desaloxada puido volver á súa vivenda.

Comentarios
Lo más