Ribeira distingue aos mellores xardíns do concello

Ribeira distingue aos mellores xardíns do concello
Ribeira distingue aos mellores xardíns do concello

Por parroquias as persoas galardoadas foron: Josefa Lorenzo Martínez (Palmeira), O Corral de Prego (Oleiros), Estrella Martínez Parada (Castiñeiras), Ramón Paz Muñiz (Aguiño), María Dolores Sampedro (Carreira), María José Montemuiño (Corrubedo), Ana Martínez (Olveira), O Forno de Artes (Artes) e Zum Zum (Riveira)

Coincidindo co inicio das festas de Santa Uxía a casa consistorial vén de acoller un acto institucional para distinguir os mellores xardíns das nove parroquias do municipio.

Presidido polo alcalde Manuel Ruiz e coa asistencia da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, e outros edís municipais, nun evento sinxelo pero emotivo se entregou uns obsequios a aqueles veciños e veciñas preocupados por embelecer vivendas e negocios en beneficio da comunidade.

Por parroquias as persoas galardoadas foron: Josefa Lorenzo Martínez (Palmeira), O Corral de Prego (Oleiros), Estrella Martínez Parada (Castiñeiras), Ramón Paz Muñiz (Aguiño), María Dolores Sampedro (Carreira), María José Montemuiño (Corrubedo), Ana Martínez (Olveira), O Forno de Artes (Artes) e Zum Zum (Riveira).

FAMILIA DOCAMPO

Ademais, como xa é tradición, tamén se fixo entrega dunha placa coa que se distingue a unha colectividade, neste caso integrada pola familia Docampo, con residencia na rúa Cordieiro esquina avenida Miguel Rodríguez Bautista.

Comentarios
Lo más