Touro impulsa a acción formativa "Emprendendo en verde"

Touro impulsa a acción formativa "Emprendendo en verde"
Touro impulsa a acción formativa "Emprendendo en verde"

O proxecto enmarcado no Programa de Iniciativas Locais para a Xuventude 2019 está aberto aos xóvenes interesados en promover a iniciativa local e impartirase en Fonte Díaz os venres 20 e 27 de setembro e os sábados 21 e 28 de setembro

O Concello de Touro impulsa a acción formativa 'Emprendendo en verde' (Programa de Iniciativas Locais para a Xuventude 2019), unha iniciativa dirixida a maiores de 14 anos e menores de 30 co obxectivo de promover a iniciativa local emprendedora. O programa, que se desenvolverá os venres 20 e 27 de setembro en horario de tarde e os sábados 21 e 28 de setembro en horario de mañán, está aberto a todos os interesados. O lugar de celebración será na Casa da Cultura/Centro de Interpretación do Río Ulla (Praza do Luar s/n) en Fonte Díaz.

O proxecto formativo impulsado polo Concello de Touro, que conta co apoio da Consellería de Política Social e será impartido por formadores da Cruz Vermella, busca mellorar a capacidade dos máis novos para conseguir un emprego. Pretende incentivar a iniciativa local emprendedora a través de proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade e, ao mesmo tempo, as iniciativas deberán xirar arredor da conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.

O Concello de Touro explica que “cunha perspectiva eminentemente práctica, as persoas participantes pasarán por un proceso completo de creación de valor para a comunidade a través do fomento do emprendemento”. E lembra que a meta desta acción formativa, dun total de 20 horas, “é a creación de empregos derivados da valoración sostible dos recursos naturais dispoñibles no Concello de Touro”.

A xornada do 20 de setembro estará centrada na 'Participación e o empoderamento', onde se poñerán en valor os recursos máis próximos e se presentarán as propostas. Tambén haberá una visita ao Camping Fonde de Mane, unha iniciativa rural en Santiso de Cornado, no Concello de Touro. O sábado 21 de setembro está prevista a presentación de novos modelos de negocio que xeren prosperidade e sustentabilidade local e o desenvolvemento dos plans de negocio. Xa o sábado 27 de setembro analizaranse as propostas de valor innovadoras e haberá unha visita a Brandelos e Grixó. O último día de formación, o día 28 de setembro, abordaránse os plans de empresa cunha avalación final.

Comentarios
Lo más