O Concello de Rois organiza excursións á Mariña lucense e ás Festas do San Froilán en Lugo

O Concello de Rois organiza excursións á Mariña lucense e ás Festas do San Froilán en Lugo
O Concello de Rois organiza excursións á Mariña lucense e ás Festas do San Froilán en Lugo

A primeira será o 28 de setembro e a segunda o 5 de outubro

O Concello de Rois organiza dúas excursións para todos os veciños e veciñas que queiran coñecer a Mariña Lucense e as Festas do San Froilán de Lugo o 28 de setembro e o 5 de outubro respectivamente. A primeira actividade inclúe visitas á Praia das Catedrais e a Viveiro e un roteiro por Fuciño do Porco. A segunda consistirá en amosar aos participantes todos segredos desta festa de interese turístico galego. As inscricións faranse na Casa do Concello, no Edificio multiúsos e na Oficina municipal de Urdilde por 30€ os maiores de 12 anos e 15 os menores desa idade.

O 28 de setembro o Concello de Rois ten preparada unha excursión á Mariña Lucense, na que os participantes visitarán a Praia das Catedrais (Ribadeo) e farán un roteiro en Fuciño de Porco (O Vicedo). A camiñada farase por un percorrido plano, non apto para persoas con movilidade reducida e vertixe, de 1,3 quilómetros de pasarelas de madeiras. No caso de non querer facelo, existe a opción de pasear pola vila de Viveiro. A excurisón á Festa do san Froilán de Lugo será o 5 de outubro, para que os veciños e veciñas que o desexen gocen desta celebración de interese turístico galego.

As inscricións faranse na Casa do Concello, no Edificio multiúsos e na Oficina municipal de Urdilde por 30€ os maiores de 12 anos e 15 os menores desa idade. No caso da visita á Mariña lucense, o prezo inclúe visitas, xantar seguro e autobús e o prazo de inscrición remata o 23 de setembro. No do San Froilán, só inclúe xantar, seguro e autobús e o último día para anotarse e o 30 de setembro. No momento de apuntarse hai que presentar o xustificante de pagamento.

Comentarios