A Casa do Mar de Corrubedo acolle unha exposición sobre o cabo a través dos arquivos e obxectos históricos

A Casa do Mar de Corrubedo acolle unha exposición sobre o cabo a través dos arquivos e obxectos históricos
A Casa do Mar de Corrubedo acolle unha exposición sobre o cabo a través dos arquivos e obxectos históricos

A exposición estará aberta ao público o sábado 14 e o domingo 15 de setembro, de 11 a 14 e de 17 a 21 horas

Por iniciativa da Asociación Corrubedo XI Séculos e coa colaboración do Concello de Riveira e de moitos veciños que se prestaron a ceder temporalmente as súas pertenzas, a casa do mar da localidade vai acoller esta fin de semana unha exposición que leva por título “Corrubedo nos arquivos”.

Na mostra poderán contemplarse diversos documentos procedentes tanto de arquivos oficiais (por exemplo, o municipal de Riveira ou o histórico da Universidade de Santiago de Compostela) como familiares. Así, os lindes do coto de Corrubedo en 1621, o naufraxio do trasatlántico francés Dom Pedro en 1895, os emigrantes que saíron do pobo entre 1923 e 1939 ou os retratos de mulleres captados por un fotógrafo que veraneaba no cabo nos anos sesenta e setenta, Michael Kuh, son algúns dos motivos de interese desta proposta expositiva.

Ademais dos arquivos en papel, tamén haberá sitio para arquivos materiais, exhibindo obxectos que eran de uso diario dos nosos antergos.

A exposición estará aberta ao público o sábado 14 e o domingo 15 de setembro, de 11 a 14 e de 17 a 21 horas.

Comentarios
Lo más