Ames busca a familias para convivir con adolescentes que teña que cumprir unha medida educativa

Ames busca a familias para convivir con adolescentes que teña que cumprir unha medida educativa
Ames busca a familias para convivir con adolescentes que teña que cumprir unha medida educativa

A Asociación Arela, en colaboración ca Consellería de Política Social, desenvolve o programa Convive.comigo, que actualmente está a funcionar nas provincias da Coruña e Pontevedra

A Asociación Arela, en colaboración ca Consellería de Política Social, desenvolve o programa Convive.comigo, que actualmente está a funcionar nas provincias da Coruña e Pontevedra. As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumprimento da medida xudicial. Ademais, a asociación Arela é responsable de varias iniciativas de apoio á infancia e á adolescencia.

O contexto do que se parte é o ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias, persoas) ao Xulgado para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo educativo: unha medida que obriga a un/unha adolescente a vivir noutro contexto familiar diferente ao de orixe, tratando de reconducir a situación que o/a levou a un Xulgado de Menores, facilitándolle un entorno de socialización positiva co fin último de evitar unha reincidencia futura.

A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 6 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asínase un contrato e dende a Xunta de Galicia finánciase esta convivencia.

As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumprimento da medida xudicial.

Durante o proceso de avaliación e formación, realizaranse múltiples entrevistas, mínimo unha visita domiciliaria e varias sesións formativas tanto de índole grupal como individual.

Comentarios